Traductor

viernes, 21 de septiembre de 2012

El Derecho al Voto

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

ORDE do 18 de outubro de 2011 pola que se regula o exercicio de dereito ao
voto das persoas traballadoras por conta allea nas eleccións xerais ao Congreso
dos Deputados e ao Senado e locais parciais convocadas para o día 20 de novembro
de 2011 polos reais decretos 1329/2011 e 1309/2011, respectivamente,
ambos do 26 de setembro.
Convocadas eleccións xerais ao Congreso dos Deputados e ao Senado e locais parciais
para o 20 de novembro de 2011, mediante o Real decreto 1329/2011, do 26 de setembro,
e o Real decreto 1309/2011, do 26 de setembro (BOE n.º 232, do 27 de setembro), e ao
abeiro do artigo 37.3 d) do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se
aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, cómpre regular as diversas
situacións que se poidan presentar para o exercicio do dereito ao voto daqueles traballadores
e traballadoras que non gocen do seu descanso semanal o día da votación, así como
das persoas que interveñen dentro do proceso electoral, posto que as eleccións terán lugar
en domingo, todo isto de conformidade co disposto no artigo 13 do Real decreto 605/1999,
do 16 de abril, de regulación complementaria dos procesos electorais.
Para este fin, e logo do acordo co delegado do Goberno de Galicia,

                                                    DISPOÑO:

Artigo 1.
Estas normas seranlles de aplicación ás persoas traballadoras por conta allea que teñan
a condición de electoras e non gocen do devandito día de descanso semanal previsto no
artigo 37.1.º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto
refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e a aquelas en que concorra a condición de
membros de mesas electorais, interventores/as ou apoderados/as nas eleccións do 20 de
novembro de 2011.
Artigo 2.
Para que as persoas traballadoras por conta allea poidan participar nas eleccións xerais
a ambas as cámaras e locais parciais, que se levarán a cabo o día 20 de novembro de
2011, no suposto de que non gocen en tal data de descanso semanal, terán un permiso
retribuído correspondente
, consonte as seguintes prescricións:


Para continuar leyendo Pincha   AQUI

Para descargarlo  AQUI  



 


No hay comentarios:

Publicar un comentario